Este curso o Seis convértese nun gran CIRCO abrindo as portas da nosa gran carpa mergullándonos na maxia que envolve este espectáculo.
Convidamos ás crianzas a explorar o mundo como verdadeiros/as artistas de circo: facendo malabares coas ideas, buscando equilibrio nas emocións, descubrindo a música da aprendizaxe e deixando que a súa creatividade se eleve como acrobacias no aire.
Un proxecto no que
seguiremos a traballar por un futuro sostible, colaborando conxuntamente para
acadar os Obxectivos ODS da Axenda 2030.
Agardamos contar coa vosa colaboración nas distintas actividades de investigación e creación propostas dende o cole!!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario