O 6 de marzo no Club de Lectura de Adultas “Ás seis no Seis”, contamos coa presenza da xornalista e escritora Marta Villar, gañadora da XLI edición do Premio Xerais de Novela coa obra que nos veu comentar: “Detective Ferruchi”.
Marta
compartiu unha tarde co noso club desbordando simpatia e anécdotas do conxunto
de personaxes que poboan Umeiro e que, como a propia autora explicou, mostran a
diversidade que atopamos na vida cotiá porque, non esquezamos, a vida ten unha
mestura de persoas e cincunstancias de diferente tipo.
Co
libro logra dar voz a colectivos minoritarios e tratar de rachar cos prexuicios
que, desafortunadamente, todavía están presentes na nosa sociedade. Ao mesmo
tempo, homenaxea ás traballadoras do textil da súa terra natal sen esquecer
outros temas cercanos á autora como poden ser a emigración e a relación cos
avós.
Para
finalizar, agasallamos a Marta cuns detalles, entre os que adquiriu unha
especial un dedal feito coa impresora 3D, tan relacionado co libro, feito co gallo
do proxecto de artesanía que se desenvolve no centro ao longo deste curso.
Como
xa vén sendo habitual no club, o colofón foi compartir un café con doces
caseiros e froita de tempada antes de que Marta asinara os nosos exemplares do
libro.
Non
podemos estar máis que agradecidas á xenerosidade de Marta polo tempo e as
historias compartidas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario