Polo mes de marzo no Cine da Biblio proxectamos un ciclo de curtametraxes protagonizadas por nenas e mulleres, historias extraordinarias, cheas de imaxinación.
Así o
alumnado de 2º e 3º ciclo de Primaria puideron desfrutar de “Soar”, a historia
de Mara, unha nena de 13 anos que soña con deseñar avións. Coñeceron a Anya,
unha nena orfa que vive nun orfanato en Rusia. E que trata de superarse cada
día para conseguir ter a súa propia familia. E puideron facer voar a
imaxinación con 3 mulleres fantásticas capaces de dominar unha onda do mar cos
seus cantes e bailes ou emocionarse coa filla do queixeiro que axuda e anima ao seu pai para que non se rinda.
O alumnado de Infantil e 1º ciclo de Primaria pola súa banda descubriron a Alice con un don para debuxar e facer sorrir a quen a rodea. E a nenas cunha gran empatía dispostas a salvar animais ou revoltosas con facilidade para facer amizades sen importar a idade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario