No Club de Lectura de Adultas "Ás seis no Seis", continuamos lendo e, para escomenzar o 2025, o mércores 22 de xaneiro, recibimos a visita da escritora Llerena Perozo Porteiro coa que conversamos sobre a súa obra “Os anos tranquilos”.
Llerena fíxonos participes de
que a personaxe principal, María García, e de ficción pero tivo moi presente a
súa avoa materna, ao comezo da novela, cando nos relata a súa infancia en Asturias
e como tivo que fuxir escapando da
guerra.
Ao longo da tarde acompañamos
a María García no seu percorrido polos fitos históricos máis importantes que
aconteceron no S. XX e dos que foi testemuña aportando a súa ollada crítica e
as súas reflexións.
Unha lectura na que o
feminismo está presente en toda a historia, en cada acontecemento, suceso... que nos levan a empatizar coa protagonista, incluso
cando se toma a xustiza pola man.
Nesta novela a autora reivindica o valor das mulleres fortes e valentes que se sobrepoñen ás adversidades e tentan buscar un futuro e así poder acadar os seus obxectivos.
Como é tradición no noso club non podían faltar os doces caseiros e o café que puxeron o remate a esta xornada tan amena e agradable. Moitas grazas LLerena!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario