O xoves 30 de xaneiro, celebramos un acto colectivo para conmemorar o Día da Paz e a Non Violencia.
A Paz constrúese cada día, coas nosas palabras, os nosos xestos e o noso
traballo.
Cada un de nós pode ser un pequeno/pequena “Artesán da Paz”. Con palabras
amables, axudando aos demais, con xestos de amizade... Se sementamos respecto,
crecerá un mundo mellor para todos e todas.
Na pista de baloncesto, con roupa branca e portando colgantes en forma
de corazón realizados con diferentes materiais (cartulina, barro, pasta…), colocámonos
formando dous corazóns.
Todos e todas xuntos, cantamos dúas cancións en lingua de signos e
bailando no retrouso: "Corazón" de Magín Blanco e “Amizade para sempre” de Los
Manolos.
As clases traballaron palabras relacionadas coa Paz (bicos, apertas, axuda, amor, ledicia, amizade, compartir, aloumiños…) coas que decoramos os chanzos das escaleiras en diferentes zonas do centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario