A cultura castrexa foi a protagonista deste mes na xuntanza do Club de Lectura “Ás seis no Seis”.
O luns 27 de maio, compartimos un
encontro literario co escritor Alexandre Plaza Poutás e conversas sobre o seu
primeiro libro “A viaxe do castrexo”.
A viaxe do castrexo é unha novela histórica que se desenvolve no ano 137 a. C. no marco xeográfico comprendido entre o poboado castrexo do monte do Castro de Vigo e a actual cidade de Braga, en Portugal.
A redacción da historia pasou por varias fases
xa que lle levou tres anos escribilo. Este feito percíbese na súa estructura e
na evolución do protagonista ao longo da novela.
Alex contounos que empezou a escribilo con 22
anos, sendo un mozo que ía a ver os restos do Castro de Vigo.
Explicounos que elexiu esta temática porque a
cultura castrexa está moi pouco novela pero, sobre todo, porque lle apaixona.
Para a súa redacción documentouse lendo diferentes artigos e publicacións.
Quería transmitir aos lectores e lectoras as
sensacións que experimentou mentras o escribía e, como el dicía, en moitos
momentos non era el, senón os seus personaxes os que literalmente escribían.
Falamos dos temas que trata: relación amorosa
entre Occe e Kara, o papel da muller no mundo castrexo, a relación paterno-filial...
Coma sempre, rematamos coa sinatura dos libros e degustando doces caseiros.
Agardamos que coas ideas e suxestións que xurdiron nesta xuntanza lle sirvan para escribir un segundo libro, continuación deste. Moitas grazas Alex por compartir con nós esta tarde!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario