O venres 31 de maio, os Clubs de Lectura de 5º e 6º realizaron unha saída para coñecer a organización e funcionamento dunha libraría.
Para elo, achegámonos a libraría Nobel, onde Maribel e Eva,
atendéronnos moi amablemente explicándonos todo o traballo que fan e tamén nos
ensinaron algunhas coleccións axeitadas a nosa idade e que gustan aos lectores
e lectoras.
Por outra banda, como este curso o lema de bibliotecas escolares é sobre banda deseñada, quixemos coñecer unha librería especializada en cómic, Sousa cómic. Antonio, explicounos que tipo de materiais podemos atopar nesta libraría.
A rapazada estivo vendo e ollando aqueles libros que lles gustaría
que estiveran na nosa colección facendo unha selección e que logo mercamos.
Agradecer a Maribel, Eva e Antonio pola súa atención e
amabilidade!!!
Rematamos a xornada coa visita ao Museo Quiñones de León, onde
fixemos un percorrido pola sala de arqueoloxía
e poidemos visualizar os restos de petroglifos e cultura castrexa que son a temática do libro “Maxia de pedra”
de Xabier Domínguez que leron os nenos e nenas de 5º.
Rematamos merendando e
facendo a foto de grupo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario