Os nosos Clubs de
Lectura de alumnado remataron o martes 18 de xuño cunha xuntanza na que compartimos as nosas impresións
sobre esta experiencia e a entrega de diplomas.
Recollemos as súas
opinións sobre o seu funcionamento:
-Unha experiencia
interesante por compartir cos compañeiros e compañeiras momentos e opinións
sobre os libros lidos.
-Os encontros
literarios cos autores, Pere Tobaruela, Xabier Domínguez e Pablo Prado.
-A visita ás dúas
librarías.
-Os libros máis valorados: "Nerea. A invasión dos trastos" e "A Señorita Bubble. Baixo cero" (5º) e, "Unha veciña de película" (6º).
Moitas grazas a
todos e todas por participar!!! Ata o curso que ven!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario