No mes de maio, as actividades que se desenvolveron na BiblioLab tiveron como eixo temático as Letras Galegas e o pensamento computacional.
LAPIS 3D
Creación de
marionetas para inventar historias relacionadas coa vida de Luísa Villalta,
homenaxeada nas Letras Galegas deste ano 2024.
ANIMANDO A LUISA
VILLALTA CON SCRATCH
Utilizamos o
programa Scratch para crear animación na que Luísa toca o seu violino.
XOGA CO TALE-BOT
Programamos o
Tale-bot seguindo os percorridos propostos á vez que se descobre a vida de Luísa
Villalta.
CODY CUBE. Versión:
atraque nun porto galego
Xogo de taboleiro
que fomenta o pensamento computacional desenchufado cuxo obxectivo é atracar o
barco no porto antes que os demais xogadores.
A LUPA MÁXICA
Descubrimos os datos
máis relevantes da biografía de Luísa Villalta a través da lupa máxica que
permite cubrir a ficha de investigación.
CÓDIGO BINARIO
Descubrimos cal é a
linguaxe dos ordenadores e seguindo as instruccións soubemos cal era o nome que
se agochaba tras o código.
PIXEL ART
Creamos unha lámpada
empregando a antiga linguaxe que os ordenadores utilizaban para representar as imaxes.
AFUNDIR A FROTA
Xogo de coordenadas no
que en lugar de atopar barcos, atopamos imaxes relacionadas coas Letras Galegas
deste ano: un libro, un violín, a Luísa, a Torre de Hércules e a bandeira
galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario