O tema do Día Internacional da Muller do vindeiro 8 de marzo de 2022 é: “Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible”, recoñecendo a contribución de mulleres e nenas de todo o mundo que están liderando os esforzos de respostas, mitigación e adaptación ao cambio climático, para construir un futuro máis sostible para todas as persoas.
As mulleres e as nenas, implícanse en iniciativas sostibles en todo o mundo
e a súa participación e liderazgo xeneran unha acción polo clima máis eficaz.
Para lograr o desenrolo sostible e unha maior igualdade de xénero é
esencial seguir explorando as oportunidades para permitir que as mulleres e as
nenas teñan voz e participen en pé de igualdade na toma de decisións relacionadas
co cambio climático.
Sin igualdade de xénero hoxe, o futuro sostible e igualitario seguirá
estando fora do noso alcance.
A Axenda 2030 marca como Obxectivo número 5: Lograr a igualdade entre
os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas. As bibliotecas deben apoiar
a igualdade de xéneros e ofrecer lugares e actividades de encontro e
empoderamento.
Nas seguintes ligazóns atoparedes recursos e información para
traballar o tema.(Preme nas imaxes)
ONU MULLERES
APRENDE COAS MULLERES GALEGAS
Proxecto con unidades didácticas e actividades para coñecer a mulleres galegas de diferentes eidos da sociedade, escritoras, mestras, biólogas,...
ALBUM DE MULLERES GALEGAS
Centro de documentación dixital para divulgar e investigar a contribución das mulleres á sociedade e cultura galega.
PORTAL DAS PALABRAS
Sete palabras de pioneiras para o Día da Muller
Sete palabras de Muller
BRINCALETRAS-8M MULLERES GALEGAS
Cep Campolongo-Antonio Ferrer Moreira
PASAPALABRA-DÍA DA MULLER
Ceip Plurilingüe de Rubiáns-Belén Junquera
No hay comentarios:
Publicar un comentario