O 3 de xuño, a clase de 4ºB, tivo un encontro virtual coa escritora Rosa Aneiros, autora do libro “Tres bichicomas, dúas illas e unha serea”.
Rosa
comenzou amosándonos unha presentación de imaxes e contándonos como xurdiu a
idea do libro, cales foron as súas fontes de inspiración para logo
dar paso ás preguntas dos nenos e nenas. Por último, ensináronlle os debuxos
que eles/elas fixeron e despedímonos, dun xeito agarimoso, de Rosa.
Foi
unha experiencia moi enriquecedora e gratificante!!!!
“Tres bichicomas, dúas illas e unha serea”, ilustrado por Abi Castillo, da
Editorial Xerais, recibiu o III Premio Agustín Fernández Paz pola
Igualdade 2018.
"Conta as aventuras de Edelmira, que pasa o verán co
seu avó en Marabilia. O
que ían ser uns meses na aburrida aldea, muda coa chegada de dous nenos, André
e Daniel, cos que inicia arriscadas expedicións na procura de corsarios
choscos, frotas de flamengos e gatos con cola de dinosauro. Ata que algo
aparece inesperadamente no mar para mergullalos nunha extraordinaria aventura
que os converterá en afoutos bichicomas".
No hay comentarios:
Publicar un comentario