Hoxe, a clase de 6º B, tivo un encontro virtual coa escritora Antía Yáñez, autora de “Plan de rescate”, un dos libros que leron dentro do itinerario lector.
A
través de videoconferencia, contestou con moita amabilidade e interese a
tódalas preguntas que o alumnado tiña preparadas. Unha sesión moi amena. Moitas
grazas Antía!!!
“Plan de Rescate”, ilustrado por Xiana Teimoy, da Editorial Xerais, recibiu
o III Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade 2020.
Misterio,
acción, compañeirismo, amizade, traballo en equipo, diversidade, son características
presentes nesta historia.
“Xeila, Heitor, Aldán e Noela están traballando na aula de
apoio da súa escola cando algo raro acontece. Oen un estrondo e a profe Xoana,
que vai comprobar que pasou, desaparece. Onde estará? E o resto do colexio? Por
que anda a policía fóra?”
No hay comentarios:
Publicar un comentario