6 may 2021

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

O Día das Letras Galegas 2021 está adicado a XELA ARIAS (1962-2003).

«Que nunca, nunca xamais, me diga alguén que non entende de poesía. A poesía non se entende, síntese ou non se sinte, faise ou non se fai»

Real Academia Galega
(Preme na imaxe)

Foi poeta, tradutora e editora, desenvolveu o seu traballo profesional en Edicións Xerais entre 1980 e 1990.

Tras licenciarse en Filoloxía, exerceu como profesora de ensino secundario ata o seu falecemento.

Como poeta publicou os libros Denuncia do equilibrio (1986), Tigres como cabalos (1990), Intempériome (2003) e Darío a diario(1996), dedicado ao seu fillo.

Foi tradutora ao galego de obras en portugués, italiano, inglés, castelán, francés... como Contos ao Teléfono, de Rodari; As bruxas, de Roald Dalh; O Gato Gaiado..., de Jorge Amado...

Estos son os libros que se mercaron para achegarnos a súa vida e obra.

Xela Arias, Editora

(Preme na imaxe)

Xela Arias, Tradutora

(Preme na imaxe)

O Portal da Lingua Galega
(Preme na imaxe)

Escape Room "Os segredos de Xela"
de Noemí García
(Preme na imaxe)

No blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega "O Fiadeiro" tedes máis información e recursos: 

https://ofiadeirodoseis.blogspot.com/2021/03/xela-arias.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario