12 may 2021

ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS

Nesta semana das Letras Galegas, recibimos a visita da escritora Ledicia Costas, que compartiu co alumnado dúas sesións para falar dos seus libros.

Primeiro foi o turno de 4ºA, que leron “Vampira de biblioteca”, ilustrado po Victor Rivas, Ed. Xerais. Contounos o moito que lle gusta o mundo dos vampiros, bruxas, mortos,…

Eleonora, unha vampira que papa os insectos que queren roer as páxinas dos libros da biblioteca onde vive.

Unha segunda sesión con 6ºA, leron “ A Señorita Bubble. Baixo cero”, ilustrado por Andrés Meixide. Ed. Xerais.

Abrígate ben e prepárate para vivir unha aventura baixo cero, onde Bubble vai ter que enfrontarse a un poderoso inimigo. Papá Noel cruzou ao lado escuro. 

Comentounos que haberá novas aventuras da Señorita Bubble en Londres e seguramente en París. Agardamos pola súa lectura!!! 

Un encontro moi ameno no que houbo momentos para as preguntas, contounos anécdotas moi divertidas, en que se inspira para escribir os seus libros, falounos do mundo maxico da lectura, dos protagonistas das súas historias,….

Rematou asinando nos nosos exemplares e no libro de lembranzas.

Grazas Ledicia!! Un pracer contar contigo unha vez máis!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario