A Asociación de Escritoras e
Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro.
Para o 24 de febreiro,
fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da
autora, esta entidade propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en
galego e unha flor.
O 24 de febreiro terá lugar
o acto central do Día de Rosalía no que se lerá o tradicional manifesto da
AELG, que este ano elaborou Ana Romaní.
O texto será tamén lido en
todos os actos promovidos pola AELG así como nos organizados por outras
entidades que se sumen ás propostas que a entidade remitirá a concellos,
asociacións, centros de ensino.
O lema da proposta, Do XIX
ao XXI: Libre o meu Pensamento!, pode desenvolverse a través de actividades que
permitan ao alumnado observar e reflexionar sobre a vixencia do amplo abano de
inxustizas sociais, incluída a situación da lingua galega, presentes na obra de
Rosalía de Castro.
Para isto, despois de facer
un repaso da figura literaria da Autora, e dalgunhas lecturas que dean conta da
pluralidade significativa da súa obra, propoñemos para o venres 22 de febreiro
a realización dunha Mani-FESTA-acción simbólica arredor de versos escollidos a
partir do manifesto da AELG no Día de Rosalía de Castro 2019, elaborado pola
escritora Ana Romaní, unindo unha Inxustiza cun Verso de Rosalía de Castro.
Fonte:AELG
No hay comentarios:
Publicar un comentario