Desde
1964, para conmemorar a morte de Gandhi, o 30 de xaneiro celébrase o Día
Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola Unesco en 1993.
Lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a
solidaridade, o respeto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
Estas son algunhas das lecturas seleccionadas que nos falan de convivencia, solidariedade, compartir, respetar,.... que están en exposición na biblioteca e no vestíbulo do centro.
POR QUE?Ed. Kalandraka
Fronte
á barbarie da guerra, un libro visual que alenta os lectores a seren promotores
do diálogo, da tolerancia, da convivencia e da paz.
IMAGINE. Ed. Flamboyant
É
un álbum infantil sobre os valores da paz e a tolerancia. Coa letra da inmortal
canción de John Lennon e prólogo de Yoko Ono en colaboración con Amnistía
Internacional.
A BRUXA DISCORDIA.Ed.Galaxia.
Libro-Cd.Cancións para a Paz
Libro-Cd.Cancións para a Paz
Discordia
é unha bruxa que é feliz destruíndo a Paz, facendo que todos os animais, e os
humanos, se leven mal. E come olivas como unha tola... Con todo un día vai acontecer algo que
cambiará o seu mundo, e o mundo enteiro, para sempre...
O
LAPIS MÁXICO DE MALALA.Ed.Xerais
Malala, como o
personaxe dunha serie da televisión, desexaba ter un lapis máxico. Con el faría
feliz a súa familia, borraría o cheiro a lixo da cidade, detería o tempo para
durmir unha hora máis pola mañá... Pero nun momento dado caeu na conta de que
había cousas máis importantes que arelar. Non lle gustaba o mundo que vía e
quería mudalo. E aínda que nunca atopou un lapis máxico, decatouse de que podía
traballar arreo para facer realidade os seus desexos.Este volume, fermosamente
ilustrado, narra a historia de Malala para o lectorado máis novo e amosa como
se pode abrazar a esperanza, mesmo nos momentos máis difíciles.
Malia
os efectos crueis e devastadores dunha guerra, este relato poético contado
dende a infancia e que nos transporta con todo detallismo ata onde estouran as
bombas, é unha mensaxe de esperanza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario