-Realizamos
investigacións na biblioteca sobre persoas que loitaron pola Paz non mundo ( Gandhi, Nelson Mandela,
Malala,....)
-Tamén
fixemos taboeiros para traballar cos escornabots a partir de investigacións e
un xogo con pictogramas.
-Selección
de Lecturas.
-Palabras
Máxicas para a Paz.
Cada
nivel elexiu unha palabra máxica para a Paz empregando diversos materiais e
técnicas, seguindo o proxecto anual que estamos a desenvolver, e que foron
expostas no vestíbulo do centro amosando a súa creatividade e imaxinación: aperta, amizade, agarimo,
supercalifragilístico, alegría, compartir, harmonia, serendipia e esperanza.
-Mural
"Abracadabra que a Paz se faga" con pombas nas que escribiron
diferentes palabras para conseguir a paz no mundo.
-Na
hora do recreo, os integrantes do Club de Lectura prepararon o Programa de Radio sobre o Día da
Paz na que nos falaron da maxia da esperanza, dos soños, do diálogo,....
E
hoxe, 30 de xaneiro, para conmemorar o Día da Paz celebramos un acto colectivo
co lema: "Coas palabras máxicas faremos a PAZ".
Todos
e todas vestidos de branco subimos ao pavillón e alí, sentados en forma de u, coas letras que forman as palabras que cada curso elexiu , metémolas no sombreiro máxico e fixemos o noso "Feitizo da Paz".
Despois
danzamos ao son da canción "Baile
da Paz" que, ademais de cantar, acompañamos dunha coreografía que
aprendemos na clase de música. Para ver o vídeo preme na seguinte ligazón
No hay comentarios:
Publicar un comentario