Nunha
data tan sinalada,como onte, 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia
de Xénero, recibimos na Sala Rosalía á escritora
Fina Casalderrey que compartiu co alumnado de 6º unha sesión para falar
do seu libro "Xela volveuse vampira"
Escomenzou
falando da loita das
mulleres ao longo da historia por
conquerir a igualdade ,citando entre outras a Concepción Areal e a Rosalía e a importancia das palabras.
En
"Xela volveuse vampira!!",Fina empregou a fantasía para tratar un tema duro,os malos tratos.
O
alumnado preguntoulle en que se inspirou para facer este relato,sobre as ilustracións ,canto
tempo tardara en escribir,....
Ao
remate fixémoslle entrega dun agasallo e
firmou un exemplar para a biblioteca.
Esta
é a dedicatoria que escribiu
Grazas
Fina por facer que cada momento e ocasión que temos de compartir contigo sexa
especial e máxico trasmitíndonos as túas experiencias e
vivencias!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario