O
PAÍS DOS MANDÓNS foi a lectura seleccionada por Naira e Aissa,alumnas de 6ºe colaboradoras da biblioteca, para esta semana.
No
país dos mandóns, uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as
nenas, mulleres e avoas xoguen, saían, traballen fora de casa,....pero todos e
todas xuntos conseguen cambiar e crear un novo:O País da Igualdade.
Cunha linguaxe sinxela, con imaxes con moita
carga simbólica, a través da narración,
explican como as mulleres e os homes temos os mesmos dereitos.
As
súas autoras son Paloma Rodríguez e Cristina Justo.
Un
conto para reflexionar sobre a igualdade de homes e mulleres.
Este libro forma parte da colección A igualdade Conta de Editorial
Embora,e está dirixido a nenas e nenos de entre 3 a 8 anos.
Grazas
por esta lectura que nos fai pensar e reflexionar a todas e todos!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario