23 may 2014

EXPOSICIÓN E OBRADOIRO DE PROXECTOS DE TECNOLOXÍA

O luns recibimos  na Biblioteca a visita dos alumnos/as de 4º da ESO do IES Valadares para ensinar ao alumnado de 1º e 5º de Primaria os proxectos que fixeron nos últimos anos na asignatura de Tecnoloxía  e que deseñaron e construiron no taller do instituto.
Traballos de tecnoloxía nos que amosaron diferentes tipos de poleas,engranaxes,robots,xoguetes solares,foguetes de auga,..


Dividiron aos rapaces en grupos de catro ou cinco,e cada grupo ía  rotando polos distintos postos nos que estaban os monitores/as e alí explicábanlles os traballos,o seu funcionamento máis o seu manexo.

Comenzaron polos máis pequenos,que se interesaron moito polos proxectos.Facíalles moita ilusión e prestaron moita atención  e os maiores fixeron preguntas moi  interesantes e estiveron moi atent@s.
Preguntas como que é un cegoñal,como se programa un robot,que é un sensor,cales son os principais mecanismos ou como funciona unha placa fotovoltaica foron explicadas con moito detalle polos monitores coa axuda das súas profes.
Os máis pequen@s  coma os maiores quedaron abraiados cos robots,con sensores,cos xoguetes eléctricos e mecánicos e,sobre todo,co lanzamento dos foguetes de auga.
Tanto para os nosos alumnos/as como para o alumnado da ESO,que poideron disfrutar de ser" profes por un día ", foi unha experiencia estupenda.
Agasallámoslles cunha merenda e con xabóns feitos a man por nós.
Grazas !!!
Algunhas fotos da xornada

No hay comentarios:

Publicar un comentario