O escritor BREOGÁN RIVEIRO estivo na nosa biblioteca o
luns 5 de Maio e compartiu co alumnado de 6º unha sesión para falar do libro
que traballaron "Tonecho de Rebordechao".
Breogán falounos da importancia de
que nos conten historias e que non deben de perderse .
O alumnado fíxolle diversas
preguntas sobre o libro:os personaxes,canto tempo lle levou escribir o
libro,porque lle puxo ese título,en que se inspirou para escribir,cantos libros escribiu,que está escribindo agora,.....
Fixémoslle entrega dun agasallo e rematou
asinando nos libros .Grazas!!!
Información sobre Breogán na
páxina
No hay comentarios:
Publicar un comentario