Unha das novidades no Calendario do
Libro e da Lectura 2014 é a celebración do Día da Ilustración o 30 de xaneiro
,coincidindo co aniversario do nacemento de Daniel Rodríguez Castelao,cunha
ampla programación de actividades nas bibliotecas nodais das catro provincias.
Obradoiros, actividades para
estimular a creatividade e a imaxinación, mostras bibliográficas e espazos para
a reflexión e a conversa centran as propostas para conmemorar esta data.
O obxectivo é destacar a importancia da
ilustración
e do deseño no libro e na lectura, así como poñer en valor o sector galego da ilustración.
e do deseño no libro e na lectura, así como poñer en valor o sector galego da ilustración.
Miguelanxo Prado, gañador
do Premio Nacional de Cómic 2013,é o autor do cartel que conmemora o Día da
Ilustración 2014.
Preme na imaxe para
acceder á Programación
No hay comentarios:
Publicar un comentario