26 ene. 2014

A POMBA DONA PAZ

"Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo.Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa.En canto o día amence vai pasear moi cediño, para ver que cousas pasan polas prazas e os camiños......"
 
Así escomenza o conto que María,Sara e Noa ,de 6º,contaron  este mércores.Iniciamos así unha nova actividade , Mércores de conto "Cóntame.....cóntoche". Os maiores contan e comparten lecturas cos pequenos na hora do recreo.
E  que millor que esta lectura tan axeitada nestas datas.

A pomba dona Paz, é un relato para que os lectores e lectoras máis novos participen tamén dos valores da construción pacífica da sociedade e da cidadanía democrática.
Un libro que é un vieiro da esperanza cara a un mundo en paz e igualdade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario