Para conmemorar esta data, celebramos un acto
colectivo co seguinte programa:
-Lectura do Manifesto contra a violencia de xénero elaborado
polo alumnado de 6º
-Durante o acto escoitamos
"Y tú....¿de qué vas?" (yo voy de morado)
-Durante o acto escoitamos
"Y tú....¿de qué vas?" (yo voy de morado)
-Entrega dos lazos ao alumnado e profesorado
-Como remate do acto colocamos a pancarta no exterior do
cole.
MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Hoxe,25 de Novembro celebramoso Día
Internacional contra a Violencia de Xénero e nós,os rapaces e rapazas de 6º
,facemos a seguinte reflexión:
-Que é para nós a violencia de xénero?
Pensamos que é o maltrato físico e psicolóxico dirixido á
muller.
Pensamos que suceden estas conductas
por un sentimeno discriminatorio nunha parella do home cara á Muller.
-Que
podemos facer nós rapazas e rapaces da Primaria para loitar contra estas
conductas?
-Rexeitar as ameazas.
-Non consentir os insultos.
-Nunca tolerar a discriminación.
-Aceptar as compañeiras e
compañeiros,sexa como sexa o seu aspecto e maneira de ser.
-Que actitudes debe haber entre un home e unha muller?
Igualdade,respecto,diálogo,confianza,comprensión,tolerancia,amabilidade,
solidariedade,cordialidade.
Pois,as mesmas actitudes que debe
haber entre todos os seres humanos.
Temos que medrar sabendo que os
homes e as mulleres debemos ter as mesmas oportunidades,as mesmas
necesidades.
Comprender que cada persoa ten o seu espazo vital,que hai que respetalo,sen invadilo para vivir en armonía.
-Que obxectivos queremos acadar?
-Desenvolver unha actitude de
tolerancia e respecto cara as outras persoas.
-Entender que é preciso solucionar
os conflictos antes de que sexa tarde.
-Desenvolver unha actitude de
rechazo fronte ás ameazas.
-Aprender a valorar os aspectos
positivos dos compañeiros/as.
-Entender que todos somos iguais e
que precisamos afecto para vivir.
Se dende pequenos e pequenas
desenvolvemos estas actitudes e acadamos estes obxectivos,nós que somos o
futuro,viviremos nun mundo mellor.Nun mundo de IGUALDADE.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario