Este ano celebramos unha Feira do Outono cunha gran
variedade de productos e actividades feitas polo alumnado.
Cada curso tivo o seu
posto para "vender"os seus productos (traballos).
O alumnado de
Educación Especial elaborou unha cesta espectacular,con uvas,cogumelos,cabazas,follas, landras, etc.. en papel de cores.
Os máis pequenos de
Infantil, aportaron castañas, ourizos, landras, avelás, piñas, mazorcas de
millo,noces,....Elaboraron debuxos coas mans simulando árbores marróns,figuras
con follas,bonecas con cabezas de castañas.Ademais elaboraron galletas que
parecen follas coas cores do outono e marmelada de mazá en dous obradoiros de
cociña.Estaba boísima!!!
Os de Primeiro, co
título Outonadas,puxeron un posto interactivo, no que se podía xogar ao tres en
raia con noces, avelás e castañas ou facer composicións con follas de gingko.Tamén
fixeron poemas sobre o outono con grande imaxinación.As follas de gingko
servíronlles para facer de corpo a bonecas que bailaban a ópera do lago dos
cisnes e quebranoces.Os debuxos das árbores e deles xogando cos xogos populares
eran dunha grande creatividade.
O alumnado de Segundo
decantouse por facer imáns de mazás,cabazas e cogumelos.Tamén fixeron cabazas
de todos os tamaños con tiras de cartolinas laranxas.
A contribución dos de Terceiro
consistiu en facer composicións plásticas ao que lle chamaron Cores de
outono,con distintos materiais.Escribiron contos e poemas.
O obradoiro de froitas
e receitas de cociña foi responsabilidade dos de Cuarto.Os animais ou obxectos
feitos coas froitas : plátano-can, pitiño-limón, raposo-pera, bicicletas-laranxas,..e
tamén trouxeron froitas, polas e follas para o seu recoñecemento e
vocabulario.Pintaron bodegóns con distintas técnicas plásticas.
A arte impresionista
foi empregada polo alumnado de Quinto,estando moi logrados os seus cadros coas
diversas tonalidades outonais.Investigaron os distintos tipos de follas facendo
cadernos,escribiron e decoraron poemas outonais
e tamén estudaron o castiñeiro.Aprenderon un montón!!!
Os de Sexto
centráronse na vendima,e ata trouxeron cepas, máquina
sulfatadora, canistrelos, capazos e sacos de uvas.
Presentación en imaxes
No hay comentarios:
Publicar un comentario