1 oct. 2013

LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR

              Con este lema, "Ler ciencia na biblioteca escolar , preséntase o cartel que neste curso 2013/2014 edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración do Mes da Biblioteca Escolar (Outubro) e do Día da Biblioteca (24 de Outubro).
      O lema trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado.
              A ilustración é de PATRICIA CASTELAO

No hay comentarios:

Publicar un comentario