26 oct 2013

SAMAÍN E EXPOSICIÓN CABAZAS


 
           Estimadas   Familias:
 
 
        Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, era o período máis importante do ano.
 
     Eran datas claves para reunirse nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
 
    Coma sempre,faremos unha EXPOSICIÓN coas caveiras que fagan na casa cos seus fillos e fillas.Hai que traelas o luns 28.Mentras as fan pódenlle contar contos sobre o tema e botarlle imaxinación e inventar outros.
 
    ¡Hai doces moi ricos que se fan coa polpa cocida da cabaza, ovos, fariña e azucre! Estamos dispostos a probalos se alguén os trae feitos. UUUUhhhhmmmm!
 
    Recollerán as cabazas o mércores día 30 para levalas á súa casa e disfrutalas alí.
 
 Samaín  2013
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario