O 10 de Maio o alumnado de 6º, despois de ler o libro
"SEÑOR MECO"
puido disfrutar dun encontro coa escritora e periodista
M A R G U E R R A
Entablou unha conversa co alumnado,respondendo as súas preguntas pero tamén preguntándolle sobre a historia e os personaxes para coñecer a súa opinión e valoración.
Para rematar fixémoslle entrega dun agasallo,firmou no caderno das lembranzas e nos libros.Grazas!!!!
Manu é un pouquiñicho liorteiro, algo descoidado e lacazán. Xan, o seu irmán xemelgo, que naceu sete minutos antes ca el, é o aplicado, sempre mergullado nos seus libros. Manu non entende como o seu irmán prefire arrodearse dun feixe de follas impresas no canto de andar de troula. Manu e Xan son xemelgos, pero non hai no mundo dous irmáns máis diferentes. Mais cando coñezan a Mkono Mzuri, o señor don Meco, un emigrante africano que traballa na praza do barrio, todo mudará nas súas vidas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario