22 may 2013

CONTACONTOS

O martes 21 de Maio o alumnado de Educación Infantil  disfrutou dunha sesión moi divertida na que o contacontos
 
IAGO   LÓPEZ 
 
contounos  a historia dunha vaca 
 
 " LINDA Á ESPREITA"
 
 
 
 
Pasámolo moi ben!!!!!

 
Linda a espreita. Linda é unha vaca diferente ás demais. Cada mañá, mentres a muxían, a vaca Linda fitaba nerviosa e impaciente cara ao exterior da granxa. Porque había algo que a Linda lle gustaba máis ca nada no mundo. O seu maior pracer consistía en meterlle un susto ao carteiro e escorrentalo da granxa. Cada día, Linda agachábase nun sitio distinto e sempre conseguía o seu obxectivo, ata que o pobre carteiro remataba desquiciado e incapaz de seguir co seu traballo. No entanto, haberá alguén ao seu carón que o axudará.
 Linda á espreita de Alexander Steffensmeier é un fascinante álbum ilustrado sobre unha vaca á espreita, un carteiro perseguido e unha granxeira que só quere recibir, por fin,un paquete san.

No hay comentarios:

Publicar un comentario