19 oct. 2012

AS MOCHILAS VIAXEIRAS INICIAN A SÚA VIAXE

        Un curso máis  as  Mochilas Viaxeiras   inician a súa andaina esperando o seu disfrute por parte das Familias.


        Son 22 mochilas  que viaxarán pola casas dende este mes ata o seu regreso á Biblioteca alá polo mes de xuño. Estarán unha semana nos vosos fogares.

       Como Familia  é importante :
  • Puntualidade  á hora de entregar a mochila.
  • Comprobar que o seu contido  está completo e coidado despois do seu uso.
  • Desfrutar  xuntos do material que se vos empresta.
O Contido  das  Mochilas  é diverso :

*Contos, cómics, libros de coñecemento, xogos,......

*Carta explicativa  ás Familias do funcionamento e listado do material.

*Caderno Viaxeiro :

        No que as Familias escribirán as suxerencias, traballos, debuxos, fotos,etc... sobre o tema do curso A Auga.
 
 
Con todos estos cadernos faremos unha exposición ao final de curso.
Dende o Equipo de Biblioteca agardamos que vos gusten!!
Escomenza a viaxe!!!!!!     Boas lecturas!!!!!!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario