22 oct. 2012

SAMAÍN:ORIXE E RECURSOS

          Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, era o período máis importante do ano.
Eran datas claves para reunirse nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
     Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña.
    O cristianismo, adoptando o ano novo dos celtas e a súa festa á honra dos mortos, designaría o primeiro de novembro como día de Todos os Santos, e no século XII, ao día seguinte como día de Defuntos.

   Se queres saber máis cousas sobre o Samaín,
visita as seguintes páxinas:
Wikipedia
 
Vieiros da escola
Cabazas do Samaín
 
 Páxinas con moitos Recursos:
*Biblioteca Outeiro de Matilda
 
Web de Norberto

 
*Biblioteca Víctor Sáenz
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario