ESTAS SON AS NOVIDADES DA BIBLIOTECA EN MAIO
NOAH BARLEYWATER ESCAPA DA CASA
Aos seus oito anos, Noah pensa que é máis doado facerlles fronte aos seus problemas se non pensa neles.E por iso escapa da casa.Por un camiño inexplorado a través da fraga.Non tarda en chegar a unha tenda.Pero non se trata dunha tenda normal.E unha tenda de xoguetes cuns incribles bonecos cargados de maxia.
E dentro dela Noah encóntrase cun artesán ben raro;un home que ten unha historia que contar,chea de aventuras,prodixios e promesas rotas.
Ese home guiará a Noah nunha viaxe que lle cambiará a vida.
“Los versos del libro tonto” é a gañadora do III Premio Internacional Cidade de Orihuela de Poesía para Nenos,
Acrósticos, palabras e letras bailarinas que se apropian do papel, poemas travesos que non teñen un pelo de parvos... ao contrario do que suxire o título.
A obra de Beatriz Giménez é un conxunto de 25 composicións estruturadas nun principio, nun final e, entre ambos, tres partes adicadas aos “versos que fuxiron” por aire, por mar e por terra.
Os primeiros tragounos un galo-veleta; os segundos atopounos a serea Flora; e os últimos recolleunos un escarabello peloteiro.
O PEIXE VERMELLO
O avó de Ramiro era o encargado dunha biblioteca moi antiga que había no medio do bosque. Un día, Ramiro acompañou o seu avó e levou consiGo o seu amigo, o peixe vermello. Era a primeira vez que o neno entraba na biblioteca e estaba abraiado por aquelas enormes salas cheas de libros. Mirou todos e cada un dos estantes e non deixou ningún curruncho sen explorar...
É posible que un peixe desapareza dentro dun libro? É posible que un neno se mergulle nun libro para salvar a un peixe? Cando un neno e un peixe entran nunha biblioteca no medio dun bosque, calquera cousa pode acontecer.
É posible que un peixe desapareza dentro dun libro? É posible que un neno se mergulle nun libro para salvar a un peixe? Cando un neno e un peixe entran nunha biblioteca no medio dun bosque, calquera cousa pode acontecer.
UN AVÓ ESPECIAL
O libro "Un avó especial" está baseada na obra teatral do mesmo nome que a compañía "Migallas teatro" creou no ano 2005 co asesoramento de AFAPO(asociación de familiares de Alzheimer e outras demencias de Pontevedra) dirixido aos nenos e nenas para que recorden a historia do avó Manuel e a súa neta Rosiña.
Conta a relación entre un avó e a súa neta dende que esta nace ata que ten doce anos.O avó a coida,ensínalle ditos,cancións,xogos,...co paso do tempo sucédense as risas e os enfados entre os dous pero,un día,o avó comeza a ter moitos despistes e,ademáis,cámbialle o caracter. Rosiña,coa axuda dos seus pais,ten que facer frente a esta n ova situación.
EL MAGO DE LOS FOGONES

Que imos facer?-preguntábanse os pais preocupados temendo que Comiditas quedara canixo.Ata que un día chegou a avoiña...
PARA FACER O RETRATO DUN PAXARO
Esta fermosa fábula sobre a arte e a cretividade une un dos poemas máis sutís de Prévert.
Destaca a orixinalidade coa que nos amosa a transición do mundo en tres dimensións ao plano bidimensional.
A medida do tempo, o valor da pacencia, o modo no que se reflicte a natureza son outros alicientes desta obra.
No fondo, trátase dunha reflexión filosófica sobre o efémero: capturamos momentos e impresións de canto observamos e ansiamos, pero apenas podemos retelo durante un tempo; debemos desprendernos, pois, dese afán por reter o que non nos pertence, para que a nosa mirada estea aberta a novas sensacións no futuro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario