14 may. 2011

APADRIÑAMENTOS LECTORES

   Este curso repetimos a experiencia dos cursos anteriores "Libros ao patio" e "Apadriñamentos lectores",coa que celebramos o día do libro.
A acollida da actividade foi excelente.

Cada neno/nena do 2º e 3º ciclo  apadriñou a un/unha do primeiro ciclo,educación infantil e educación especial.Estas parellas ou tríos foron asignados polo equipo de biblioteca.Durante a semana anterior asesorámoslles como elexir e contar un conto aos pequenos.Animámolos  a que enviasen pequenas  mensaxes segredas  aos seus/súas afillados/as, que o día do libro esperaban expectantes a ver quen os ía recoller para levalos  ao patio.

O xoves 5 de maio ,o alumnado de 2º e 3º ciclo coa  súa titora/titor foi á aula correspondente e alí foron presentados ás diferentes parellas ou tríos  e  fomos saindo ao patio de terra.Cando foi a hora de comenzar a ler,dende a radio comenzou unha música moi suave que nos acompañou nas nosas lecturas,escoitando atentamente as historias preparadas e logo agasallaron aos seus padriños/madriñas cun marcapáxinas co  lema "Gústame ler".



No hay comentarios:

Publicar un comentario