31 ene 2016

MANDADIÑOS DO MECO

Xa chegou o Entroido!!!!
Neste ano viaxeiro imos ver o que manda o Meco para esta semana.
Non esquezades que este ano son mandatos sumativos,  hai que traer o de atrás e......

30 ene 2016

DÍA DA PAZ NO SEIS

Durante esta semana estivemos realizando diversas actividades para conmemorar o Día da Paz: investigamos   sobre a paz, pintamos e recortamos as nosos colgantes, murais, mensaxes, debuxos, lecturas, contacontos, ... e  escribimos as nosas receitas.
O venres 29, por grupos, xuntámonos no ximnasio, e representantes dos distintos niveis foron lendo as súas Receitas para a Paz.
Receitas  diversas: empanada, caldo, tarta, pastel, .....ingredientes como amor, respecto, apertas, bicos, sorrisos, solidariedade,...
Con todas elas montamos o Libro da Paz, que pasará a formar parte dos fondos da biblioteca.
Unha vez rematadas as lecturas, todos xuntos cantamos o poema de Xosé Neira Vilas "Cantarela dos nenos".

24 ene 2016

RECURSOS PARA TRABALLAR A PAZ

Como cada ano, dende 1964, o vindeiro 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, coincidindo co aniversario da morte de Gandhi.

O obxectivo deste día é resaltar a importancia da educación para fomentar valores como a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.

Esta semana xa escomenzamos a traballar na realización de diversas actividades que terán como punto final un acto o venres 29 para conmemorar esta data.

No symbaloo de Belén Junquera atoparedes diferentes recursos (unidades didácticas, xogos, contos, ....) para traballar o tema.
Máis recursos na seguinte ligazón

23 ene 2016

LECTURAS PARA A PAZ

Para reflexionar sobre este tema, presentamos unha selección de libros e Lecturas para a Paz, que temos en exposición na biblioteca.
Son historias de amizade, solidaridade, de convivencia, de respeto,......

17 ene 2016

CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ

Esta é a canción que escollemos para a conmemoración do Día da Paz.
A letra é un fermoso poema de Xosé Neira Vilas, "Cantarela dos nenos"
Deixamos a presentación que fixo o Ceip Praza de Barcelos coa letra para aprendela.


6 ene 2016

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2016

Desde a Subdirección Xeral de Bibliotecas, da Secretaría Xeral de Cultura (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), edítase un cartel co Calendario do Libro e da Lectura para o ano 2016, no que se lembran algunhas das datas máis relevantes neste ámbito para o ano que comeza. A ilustración é de Tania Solla.

20 dic 2015

FELICITACIÓN DE NADAL

A  COMUNIDADE  EDUCATIVA  DO  CEIP  SEIS  DO NADAL  DESÉXALLES  UNHAS  BOAS  FESTAS  E QUE  O  2016   NOS  TRAIA  UN  MUNDO MELLOR!!!!!!

17 dic 2015

GUÍA DE LECTURAS DE NADAL

Un curso máis por estas datas ofrecemos unha escolma de libros que serán de lectura obrigatoria cando escomence o novo ano.

Contaremos coa presenza dos autores/as e contacontos que  compartirán momentos especiais con nós para falarnos dos seus libros.

Neste nadal, viaxes e lecturas!!!!

13 dic 2015

BEA CAMPOS, PEGADAS DE CONTO

Un ano máis participamos  na Campaña Impórtanos, e o xoves 10 de decembro contamos coa presenza de Bea Campos, que deixou pegada nos nenos e nenas de cinco anos que escoitaron os seus contos.
La semillita, a banda de Vilacendoi, un gorila e un agasallo diferente, son historias que fomentan o coidado do medio ambente, o respecto polo  diferente e pola diversidade  e  o consumo responsable.
E coma sempre, a través do máxico mundo dos contos pasámolo moi ben e tamén ......aprendemos.
Fixémoslle entrega dun agasallo. Grazas Bea!!!!
Máis información da Campaña Impórtanos na páxina

9 dic 2015

O APALPADOR

Nos últimos anos estase a recuperar a mítica personaxe do Apalpador que achega agasallos aos nenos e nenas nestas datas de Nadal.

Se queredes coñecer a súa historia preme na páxina web do Apalpador.
 http://www.apalpador.com/
Na páxina da Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización e dinamización  Lingüística tedes moitos  recursos.
O Apalpador ou Pandigueiro

Canción de Malvela

Pasade pola biblioteca para ler os libros que temos sobre o Apalpador (Preme nas imaxes).

O Apalpador
Antón e o Apalpador
O Apalpador e a castaña máxica