Durante esta semana
estivemos realizando diversas actividades para conmemorar o Día da Paz: investigamos sobre a paz, pintamos e recortamos
as nosos colgantes, murais, mensaxes, debuxos, lecturas, contacontos, ... e escribimos as nosas receitas.
O venres 29, por grupos,
xuntámonos no ximnasio, e representantes dos distintos niveis foron lendo as súas Receitas para a Paz.
Receitas diversas: empanada, caldo, tarta, pastel, .....ingredientes
como amor, respecto, apertas, bicos, sorrisos, solidariedade,...
Con todas elas montamos o
Libro da Paz, que pasará a formar parte dos fondos da biblioteca.
Unha vez rematadas as
lecturas, todos xuntos cantamos o poema de Xosé Neira Vilas
"Cantarela dos nenos".
No hay comentarios:
Publicar un comentario