Hoxe celebramos o Día Mundial do Libro e do Dereito de
Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Cultura,
Educación, Formación profesional e Universidades edítase o cartel para
conmemorar este día 23 de abril de 2023.
Acudiuse, como en
anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso
á Profesora da Área de Didáctica da Lingua e da Literatura na facultade de
Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostetal, Montse Pena Presas, cuxa investigación está moi centrada na literatura infantil e xuvenil
contemporánea, cun foco específico na literatura galega, na educación
literaria e nos estudos de xénero. Montse, creou un texto orixinal cedido
xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, "que é unha celebración da mediación, de
ser profe, bibliotecaria, mestra."
Este agasallo ás
bibliotecas escolares de Galicia, complétase cunha versión longa, baixo o
lema Dar de ler, que
afonda no papel das mediadoras e mediadores no mundo do libro.
"Collerás a emoción que che suxiren esas palabras e non terás medo de que se vexa no mar bravo, na aula ou na biblioteca. Velaí a túa forza."
(Preme na imaxe)
Neste mes, e todo o
ano, non esquezamos que "Para
nosoutras, silandeiras e navegantas, todos os días son o día do libro."
FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES