10 abr 2016

LEDICIA COSTAS NO SEIS

O 29 de marzo o alumnado do club de lectura e de sexto tivo o pracer de estar coa escritora Ledicia Costas para falar do seu libro "Escarlatina, a cociñeira defunta".
Encatounos escoitala falar da súa avoa, dos personaxes do inframundo, das súas lecturas cando era nena, de anécdotas (gato na lavadora) que lle aconteceron,...

Durante a sesión respostou a moitas preguntas que lle fixeron os alumnos e alumnas.
Tamén puidemos falar da precuela  "Esmeraldina, a pequena defunta",  que o alumnado  estaba  agardando  despois da lectura de Escarlatina e amablemente asinounos o exemplar que temos na biblioteca.

Invitounos  a visitar o Salón do Libro e a  percorrelo da man de Extravaganzza Pérez.
Ao final entregámoslle un agasallo e asinou no libro de lembranzas. Grazas Ledicia!!!


6 abr 2016

ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES


Os días 7 e 8 de abril celebraranse en Santiago de Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares do curso 2015/2016, coa asistencia de 145 responsables de bibliotecas integradas no programa, na primeira xornada, e representantes da totalidade dos centros (575) xa na segunda xornada. 
Este encontro anual do profesorado que xestiona e coordina as bibliotecas integradas no PLAMBE, serve para avanzar na formación deste colectivo e constitúe un espazo de reflexión, intercambio de experiencias e propostas arredor dos ámbitos de actuación da biblioteca escolar: a lectura, a información, a aprendizaxe.

Programa 

3 abr 2016

VISITA DE PACO NOGUEIRAS

O 15 de marzo nunha divertida sesión chea de música, contos e poemas o alumnado de educación infantil pasouno xenial con Paco Nogueiras.
Leunos varios poemas de Cantarolas, obra de Xosé Neira Vilas e falounos  de como o coñeceu, da visita a súa casa,....
Contounos tres historias de Kalandraka: Paxariña de papel, O poliño da aveleira e Despois da chuvia , acompañadas de musica, xestos, sons,...Todos e todas os que estábamos alí disfrutamos.
  Rematou  aconsellando ler poemas de Cantarolas  e  de Manuel María.
Entregámoslle alguns debuxos e un agasallo.
 Grazas Paco !!!!! Agardámoste para o curso que ven!!!


2 abr 2016

2 DE ABRIL,DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

O 2 de Abril, para conmemorar o nacemente de Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil.
Cada ano, a  OEPLI  e as súas catro seccións, entre as que se encontra GÁLIX, promoven a celebración deste día e edítase un cartel cunha mensaxe e unha imaxe.

Nesta ocasión a sección de Ibby do Brasil foi a encargada da elaboración deste cartel. O texto, da escritora brasileira Luciana Sandroni, recrea a fascinación que pode exercer unha biblioteca  nunha pequena lectora e o estímulo que os contos supoñen para a imaxinación de quen se deixa levar polo poder da lectura. O debuxante e ilustrador brasileiro Ziraldo pon a imaxe a este cartel cunha sinxeleza e evocación só propias dos grandes artistas.

Era unha vez unha... Princesa? Non. Era unha vez unha biblioteca. E era tamén unha vez Luisa, que foi á biblioteca por primeira vez. A nena camiñaba amodo, tirando dunha mochila de rodiñas enorme. Miraba para todo abraiada: andeis e máis andeis cheíños de libros... Mesas, cadeiras, coxíns de cores, debuxos e carteis nas paredes...

1 abr 2016

DANI VIÉITEZ E IRIA IGLESIAS NO SEIS

No mes de marzo contamos un curso máis coa presenza de Dani Viéitez e Iria Iglesias.
Ilustraron o último libro de Xosé Neira Vilas
 "Galicia, nosa ledicia" .
Este libro é unha viaxe en verso  pola historia de Galicia publicado por Edicións Embora.
Nunha sesión moi amena explicáronlle aos nenos e nenas de primeiro o proceso de creación dos personaxes e das ilustracións  a partir de adiviñas  empregando os versos que aparecen no libro.
Trouxeron para a biblioteca o libro que ilustraron. Moitas grazas!!! 
Despois de asinar no libro de lembranzas fixémoslle un agasallo.
Iria e Dani son os autores da serie "O Raposo Rufo" que xa nos presentaran o curso pasado e agardamos polas novas aventuras deste personaxe e dos seus amigos!!!

28 mar 2016

XVII SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

Os animais serán os protagonistas deste XVII Salón do Libro: domésticos, salvaxes, polares, nocturnos, acuáticos. Formigas, osos, cans e paxaros. De todas partes do mundo, dos ecosistemas coñecidos e por coñecer. Reais, fantásticos!!!!

Todos eles teñen cabida no Salón, que terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra entre o 1 e o 23 de Abril de 2016.
Ilustración de María Álvarez (Yupiyeyo)

"Canta bichería" é o lema deste edición con máis de 300 actividades abertas a todos os públicos: talleres científicos, contos, música, teatro, concertos, espectáculos,..


Visita o Salón  da man de "Extravaganzza Pérez", personaxe creada por Ledicia Costas.

Programa

17 mar 2016

TRABALLOS PRENSA E DÍA DA MULLER

Recollemos unha escolma das actividades que realizamos na Semana da prensa e o Día da muller.
VIAXANDO POLA PRENSA
Durante a semana do 7 ao 11 de marzo estivemos traballando  coa prensa.
Na  biblioteca tivemos  prensa de ámbito local,nacional e deportiva para que cada clase na súa hora  poidera traballar sobre o tema.
Entre as actividades :
Educación infantil buscaron noticias sobre o o universo, o proxecto que están traballando
Fichas de investigación sobre os xornais
Seccións, titulares,....
As matemáticas na prensa
 O alumnado aplicou os coñecementos que tiña de matemáticas á prensa
A muller na prensa
Buscamos noticias nas que a muller foi a protagonista
Prensa e microrrelatos
A partir do titular dunha noticia fixeron microrrelatos
DÍA DA MULLER
Exposición de lecturas na biblioteca
Pescudamos sobre  mulleres viaxeiras

En educación infantil:
As mulleres da miña vida
Mulleres na ciencia
Presentación en fotos 

7 mar 2016

8 DE MARZO,DÍA DA MULLER TRABALLADORA


Mañá, 8 de Marzo, conmemórase o Día da Muller Traballadora, e nós unímonos á celebración desta data.
Ilustración de Mónica Carretero

Queremos lembrar e facer unha homenaxe a todas as mulleres que temos preto, que nos acompañan e  que son importantes para nós:nais, avoas, irmás, compañeiras, amigas,...

Nas seguintes ligazóns atoparedes moitos  recursos para traballar e reflexionar sobre o tema.
(Preme nas imaxes)
Recompilación da Biblioteca Víctor Sáenz
Unidades didácticas infantil e Primaria STEG
Caderno de educación en valores
"Nosotras creamos mundo"
ONU Mulleres
 O tema de 2016 para o Día Internacional da Muller é "Por un Planeta 50-50 en 2030: Demos o paso para a igualdade de xénero"
Album de Mulleres Galegas

6 mar 2016

SEMANA DA PRENSA

Do 7 ao 11 de marzo celebramos a SEMANA DA PRENSA.
É unha conmemoración que aparece recolllida no Calendario Escolar dende 1989 co fin de integrar os medios de comunicación na escola.
Ao longo desta semana os xornais convertiranse nunha ferramenta de traballo fomentando a súa lectura e a procura de información.

Nas seguintes ligazóns atoparedes recursos e actividades para traballar o tema.
Recompilación da Biblioteca
"Outeiro de Matilda" 
Recompilación da Biblioteca
"O Recanto de Mik" 
Programa Prensa-escuela 
Lim do Ceip Cespón
Durante esta semana haberá na biblioteca exposición de prensa diversa (local, rexional, deportiva,...) para poder traballar con ela e pescudar sobre as noticias, seccións, titulares, a muller na prensa,...

No lateral dereito do blog  co título"KiosKo - prensa" tedes  un enlace permamente aos principais xornais en formato dixital.

5 mar 2016

XOVES DE CONTO EN FAMILIA

No mes de xaneiro continuamos coa actividade  de animación á lectura "As familias contan" iniciada o curso pasado.
A novidade é que adicamos un día a semana, o Xoves , para que as familias nos acompañen na hora do recreo e ler un conto.
Os contos son  relatados en galego e procedentes dos fondos da biblioteca.
Amosamos ás familias que nos acompañaron nos meses de xaneiro e febreiro en infantil,primeiro,terceiro e cuarto nos que a ilusión,o entusiamo e a ledicia  estiveron moi presentes.
Como agradecemento ás familias agasallámolas cun diploma de participación na actividade.
Grazas pola vosa colaboración e por compartir con nós o voso tempo e a maxia dos contos!!!!!!