O
2 de Abril, para conmemorar o nacemente de Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do
Libro Infantil.
Cada ano, a OEPLI e as súas catro
seccións, entre as que se encontra GÁLIX, promoven a
celebración deste día e edítase un cartel cunha mensaxe e unha imaxe.
Nesta
ocasión a sección de Ibby do Brasil foi a encargada da elaboración
deste cartel. O texto, da escritora brasileira Luciana Sandroni,
recrea a fascinación que pode exercer unha biblioteca nunha pequena
lectora e o estímulo que os contos supoñen para a imaxinación de quen se deixa
levar polo poder da lectura. O debuxante e ilustrador brasileiro Ziraldo pon
a imaxe a este cartel cunha sinxeleza e evocación só propias dos grandes
artistas.
Texto: "Era unha vez..."
Era unha vez unha... Princesa? Non. Era unha vez unha
biblioteca. E era tamén unha vez Luisa, que foi á biblioteca por primeira vez.
A nena camiñaba amodo, tirando dunha mochila de rodiñas enorme. Miraba para
todo abraiada: andeis e máis andeis cheíños de libros... Mesas, cadeiras,
coxíns de cores, debuxos e carteis nas paredes...
No hay comentarios:
Publicar un comentario