18 feb 2015

UN ENTROIDO DE CÓMIC

O venres 13 de febreiro celebramos a festa do Entroido e o Seis encheuse de personaxes de cómic :Pitufos, Mortadelo, Zipi e Zape, Lucky Luke, Asterix e Obelix, Superheroes, Mafalda, Calvin e Hobbes,Hug e Rochiña, un espectaculo  cheo de colorido e imaxinación.
Edº Infantil 3 anos:Calvin e Hobbes
Edº Infantil 4 anos:Hug e Rochiña
Edº Infantil 5 anos:Asterix e Obelix
1º-Pitufos
2º-Superheroes
 3º-Mortadelo
 4º-Lucky Luke
 5º-Mafalda
 6º-Zipi e Zape

 Xa disfrazad@s baixamos ao pavillón e ao son da música iniciamos o noso desfile. 
O tempo non acompañou e só puidemos saír un momento e facer un pequeno percorrido polo barrio.
E para rematar a festa,degustación de doces típicos deste época (orellas, filloas, flores,...) e Baile!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Grazas ás familias pola constante colaboración!!!!!

Aquí tedes a reportaxe dese día

16 feb 2015

RESUMO MANDADIÑOS DO MECO

A semana de entroido foi moi divertida. Dende  o luns estivemos seguindo os mandadiños do Meco que estaban na entrada do cole.Cada día tivemos que traer algo: un barco, engalanar a cabeza e os pés, un pixama e o seu osiño  e rematamos coa cara pintada e  antifaces reciclados.

12 feb 2015

OBRADOIRO DE COCIÑA NO ENTROIDO

Nesta semana de Entroido e,como ven sendo costume,organizamos un Obradoiro de Cociña.
Merce, Maite, Carmen,Carmen, Montse, Anxeles e Isabel foron as mestras e cociñeiras que prepararon esta receita :
 "Brocheta de lacón con chourizo en cama de garavanzos ao aroma de grelos"!!!!!!! 
O día anterior  entregámoslles  as invitacións ao evento.
Por grupos, foron baixando ao vestíbulo do cole,onde tiñamos todo organizado: explicaron os ingredientes,a  elaboración e por último cada neno/nena puido degustar unha brocheta.
 
¡Que rico estaba todo!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
MOITAS GRAZAS!!!!!!!!!

9 feb 2015

SEMANA DO AMOR E DA AMIZADE

Coincidindo coa celebración de San Valentín a biblioteca adica esta  semana o Amor e a Amizade.

Para elo,organizamos varias actividades:
-Selección e exposición de lecturas e historias de amor,amizade, bicos, cariño, tenrura, ....
-Concurso:"Cada ovella coa súa parella"
Atopa a parella de cada un dos personaxes de cómic.

-Escribe unha mensaxe de amor,de amizade,….. a  alguén que ti queiras e métea na caixa en forma de corazón.O último día da semana entregarémolas  aos  seus  destinatarios.
-Faremos un corazón de papiroflexia.
Pasade pola biblioteca e animádevos a participar!!!!!Agardámosvos!!!!

8 feb 2015

XOGA,APRENDE E RECICLA

Por segundo ano participamos no Programa Educativo Vigo Recicla sobre reciclaxe, para ensinar ao alumnado de 2º,3º e 4º  a necesidade de separar os distintos residuos e materiais para a conservación e protección do medio ambente a través dun videoxogo.
Despois dunha breve explicación por parte da monitora, cada alumno/a xogou.
Tiñan que  levar os productos ata o contedor máis axeitado.Cantos máis acertos consigan máis cerca estarán de convertirse en superheroes da reciclaxe xunto a Recicliño e Recicliña.
Ao remate recibiron unha bolsa de reciclaxe con agasallos.

6 feb 2015

MANDADIÑOS DO MECO

MANDADIÑOS  DO  MECO
 para a semana
LUNS 9

Xa estamos no Entroido

toca Banda Deseñada

trai un barco onde queiras

Coia revolucionada!!!!!!

MARTES 10

Engalana esa cabeza

e non te esquezas dos pés,

sombreiro,lazo ou pamela

ou calzado do revés.

MÉRCORES 11

Traballamos as viñetas,

personaxes que fan rir,

trae o mércores o pixama

e o osiño de durmir.

XOVES 12

 A víspera do gran día

tres cousas podes facer

careta,cara pintada

ou antifaz reciclada.

VENRES 13

Xa estamos no día grande,

faremos o pasarrúas

vai ver o barrio de Coia

as mellores galas túas.

Moitas grazas pola vosa colaboración!!!!

5 feb 2015

CHEGA O ENTROIDO!!!!

Chega o Entroido e con el a festa, a troula, a diversión, os mandadiños do meco, os disfraces, as carautas,a s comidas típicas destas datas, filloas, orellas,..
Todo o centro anda atarefado preparando os disfraces que seguindo o noso proxecto serán personaxes de cómic (mafalda, mortadelo, pitufos, superheroes,.....)
 
Nas seguintes ligazons atoparedes información e recursos para empregar e traballar nas aulas.
Que escomence a troula!!!!
Coordinadora  Galega dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
http://coordinadoraendl.org/entroido/index.php
Secretaría Xeral de Politica  Lingüística
Equipos de dinamización da Lingua Galega
http://www.xunta.es/linguagalega/entroido_2015
Vieiros da Escola
http://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/
Web de Norberto
http://www.xente.mundo-r.com/norberto/recursos/entroido_e.htm

Recompilación da Biblioteca
 "O Recanto de Mik"
https://sites.google.com/site/bibliocole/entroido-recursoseducativos
Recompilación da Biblioteca
"Outeiro de Matilda"
 
https://sites.google.com/site/recursosentroido/

4 feb 2015

DÍA DA PAZ NO SEIS

Fixemos  un acto colectivo no que aunamos o ano da Luz e a Banda Deseñada (personaxes de cómic de cada clase) a partir dunha  frase de Gandhi .
Ao longo desa  semana estivemos traballando sobre a paz nas aulas: palabras, frases, debuxos, murais, lecturas, contacontos, investigación sobre Malala, pintamos o medallón ou colgante co símbolo da paz, cancións,..

E por fin, chegou o esperado venres

Despois da hora de ler,baixamos todos e todas ao pavillón e fomos sentándonos nos círculos establecidos para tal fin provistos da nosa mascota, do facho e  das letras que nos tocaron decorar.
Cando escomenzou a soar a música Imagine instrumental, os sextos comenzaron a construcción do mural colocando as letras ata infantil que rematou  coa palabra Gandhi.
Posteriormente cada nivel foi colocando as mascotas.
Despois, ao ritmo de "¿Por qué no ser amigos?"bailamos e cantamos  mentras un neno/nena sostiña o facho aceso no centro de cada círculo.
Rematamos o acto cun aplauso.
Na hora do recreo na biblioteca,o alumnado que levou libros en préstamo, agasallámolo cun marcapáxinas.
Radio patio pola paz, co programa radiofónico centrado en poemas, música e o decálogo.
Foi un día especial como podedes ver na seguinte presentación.

3 feb 2015

OLLOS DE AULA Nº 19 (FEBREIRO)

O Nº 19 de "OLLOS DE AULA"
  aborda este mes:
Estratexias para estimular a intelixencia emocional,valorar cando o alumnado e as familias deben acudir ao Departamento de Orientación,os centros plurilingües, recomendacións literarias.
http://www.coordinadoraendl.org/ollosdeaula/Ollos%20de%20aula_n19_version_imprimir_a4_a_dobre_cara.pdf
(Preme na imaxe)

2 feb 2015

PEPE CARREIRO NO SEIS

O venres 30 de xaneiro para conmemorar o Día da Ilustración contamos coa presenza do debuxante e ilustrador Pepe Carreiro que compartiu as súas experiencias  co alumnado de infantil de cinco anos (que están traballando o libro que ilustrou "A Pomba Dona Paz") e a aula específica, cun proxecto sobre os Bolechas.
Con viseiras dos bolechas tod@s estaban entusiasmados agardando a súa chegada e preparados para atender as súas  explicacións.
Contounos que lle gustaba debuxar dende moi pequeno,e ensinounos como fai os debuxos,primeiro a lápis para poder borrar e logo con rotulador e pinturas.
Debuxou  a varios personaxes:unha pomba,unha galiña,un gato,un dinosaurio,un can,e non podían faltar os bolechas,a Tatá,a Chispa,.
Os rostros dos nenos e nenas reflexan o ben que o pasamos!!!!
Como remate fixémoslle entrega dun agasallo e asinou nos libros.
Moitas grazas!!!!!
Presentación en imaxes