23 abr 2013

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO 2013

Hoxe ,23 de Abril,
celébramos  o


 As bibliotecas escolares  recibimos  este  agasallo de PAULA CARBALLEIRA , co texto  
"SÓ UN LIBRO"

22 abr 2013

EXPOSICIÓN :"LIBROS QUE FALAN DOS LIBROS"

Achégate á biblio e poderás disfrutar da exposición "Libros que falan dos libros",mergullándote nas súas historias porque os libros son os protagonistas falando de si mesmos.
 
EN ABRIL,LIBROS MIL!!!!!!!!!!!!!!!
 
Unha mostra dos libros que están en exposición.


20 abr 2013

"O CARBALLO CON BOTAS" E ANXO MOURE


ANXO MOURE  

chegou na súa bicicleta,cargado de personaxes e contounos  historias do
 
"CARBALLO CON BOTAS"


Ensinounos a música das árbores que alimentan a nosa imaxinación,a respectar a natureza,os nosos bosques e árbores,a reciclar,... trasmitíndonos a mensaxe de que dentro do vello, da destrución, do lixo... pode xurdir a esperanza, a vida, o futuro.
 
 
 
 
 
Tod@s,grandes e pequeno@s rimos,bailamos,.... e pasámolo moi ben!!!!
 
     
 
E como recordo do seu paso polo noso cole fixémoslle entrega dun agasallo,firmou os libros aos alumn@s e tamén no libro de lembranzas.
 
 
O carballo con botas existe!!Iso é o que fixeron os nenos e nenas de 4 anos,plantaron nun zapato vello varias landras e agora veremos como medra.
 
 
 
MÁIS INFORMACIÓN NA PÁXINA DE CONTOS SOLIDARIOS

E PARA XOGAR ESTE LIM

19 abr 2013

"EN ABRIL,LIBROS MIL"


 
"EN ABRIL , LIBROS MIL"
Este é o lema  que eleximos para celebrar o MES DOS LIBROS E DA LECTURA.
No programa hai: contacontos , encontro con escritor@s, obradoiros, exposicións, marcapáxinas,.....
 A actividade principal será o martes 23
" DÍA  DO  LIBRO "
 OS APADRIÑAMENTOS LECTORES 
Durante esta semana  as madriñas  e os padriños (alumnado de 2º e 3º ciclo) foron visitar e coñecer ás súas afilladas e afillados . Tod@s están esperando o día con ilusión e expectación.

EN ABRIL,LIBROS MIL
  M A R T E S  16 de  Abril
CONTACONTOS
Anxo Moure
("O carballo con botas")
 
X O V E S   18  de  Abril
ENCONTRO ESCRITORA
Fina Casalderrey
("Quen me quere adoptar",
"O misterio do Faro Vello")
 
V E N R E S   19  de Abril
ENCONTRO ESCRITOR
Marcos Calveiro
("Palabras de auga")
 
M A R T E S  23  de Abril
DÍA DO LIBRO
 
Libros ao patio e Apadriñamentos Lectores
Marcapáxinas agasallo.
Entrega de Diplomas aos máis lectores
 
X O V E S   25  de  Abril
OBRADOIRO
BANDA DESEÑADA
Abraham Carreiro
PASE AO LIBERESPAZO
 
Se queres ser libernauta e viaxar polo liberespazo só tes que pasar pola biblio e coller o teu pase,cubrir os datos e completar,sellar,e participar nun sorteo de libros e outros agasallos.

PINGAS LITERARIAS
 
Escribir na pinga unha frase dun personaxe célebre
 sobre o libro e a lectura e ilustrar.
Escribir na  pinga o título,autor
e un párrafo  do  libro favorito.
 
EXPOSICIÓNS DIVERSAS
 
-Traballos sobre os libros recomendados.
-Novidades.
-Contos e libros feitos polo alumnado en cursos anteriores.
-Libros que falan de libros e da biblioteca.
-Traballos sobre a PDI.
-Contos viaxeiros,cadernos das mochilas,pasaporte bibliotecario,....
-Libros colectivos e individuais..
ESTE  CURSO  LIBERAMOS  LIBROS!!!!!!
 
Dende a biblioteca liberamos varios libros .Levarán un distintivo na portada,unha pinga de cor cun aviso de que non é un libro perdido.Se o atopas podes collelo,lelo e voltar a liberalo para que o atope outra persoa.
O obxectivo é que o lea o maior número de persoas.
Non se trata de agochalo para que o busquen,trátase de deixalo libre para que calquera o poida coller e disfrutalo.
 

16 abr 2013

LOS FANTÁSTICOS LIBROS VOLADORES


"LOS FANTÁSTICOS LIBROS VOLADORES DEL SR. MORRIS LESSMORE"
É a curta  gañadora  do Oscar 2012 á millor  curtametraxe animada.
O director e escritor da historia William Joyce,cóntanos unha preciosa historia a través dos libros cun estilo de animación que recorda ás películas mudas.

 Céntrase no bibliófilo Lessmore e a custodia dunha biblioteca máxica de libros voadores.
 
Está inspirada no Huracán Katrina,en Buster Keaton,no Mago de Oz,.... e no amor polos libros e pola lectura.

11 abr 2013

PASE AO LIBERESPAZO

"Descubrimos que os libros se relacionan uns con outros de mil maneiras, levan uns a outros por mil camiños, comunícanse -por amplos corredores ou portas secretas- como as salas dun pazo inmenso, forman parte dun organismo vivo e en continuo desenvolvemento, son follas dunha mesma árbore. Descubrimos a literatura, nunha palabra. Non como materia escolar, non como catálogo de títulos e autores, senón como mundo animado, como universo. Descubrimos a galaxia Gutenberg, o liberespazo, moi anterior ao ciberespazo e mellor cartografado, aínda que non por iso menos rico en sorpresas e aventuras. E ao converternos en libernautas accedemos, entre a infancia e a adolescencia, ao noso primeiro territorio libre."
 
 Carlo Frabetti

Se queres ser "libernauta " e viaxar libremente polo "liberespazo " só tes que pasar pola Biblioteca e coller o teu Pase :

-Cubrir os datos dos libros que vas lendo.
-Colorear as lúas para indicar canto che gustou o libro.
-Escribir dúas palabras que che lembren a historia.
 Cando o teñas rematado entregao na Biblio . Sellaremos o pase e  participarás no sorteo de libros e moitos máis agasallos.
 
ANÍMATE E PARTICIPA!!!!!!!!!!!!!

10 abr 2013

RECURSOS DÍA DO LIBRO


Nas seguintes ligazóns atoparedes Recursos para traballar o tema nas aulas:
RECOMPILACIÓN BIBLIOTECA
"O RECANTO DE MIK"

RECOMPILACIÓN BIBLIOTECA
 VÍCTOR SÁENZ

RECOMPILACIÓN BIBLIOTECA
OUTEIRO DE MATILDA
                    

7 abr 2013

OLLOS DE AULA DE ABRIL

Neste mes de Abril,a revista destinada ás familias do alumnado  céntrase  nos libros e na lectura.

 
(Preme na imaxe)

3 abr 2013

INVITAD@S NA BIBLIOTECA EN ABRIL

 INVITAD@S NA BIBLIOTECA EN ABRIL,
MES DOS LIBROS E DA LECTURA:
ANXO MOURE

FINA CASALDERREY

MARCOS CALVEIRO

ABRAHAM CARREIRO

2 abr 2013

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO


Hoxe é o "DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO".
O autismo  é un espectro de trastornos caracterizados por graves déficits do desenrolo,permanente e profundo que se manifesta nos tres primeiros anos de idade e  que afecta a socialización,a comunicación,a imaxinación,a planificación e a reciprocidade emocional e evidencia conductas repetitivas e inusuais.
A Asamblea das Nacions Unidas declarou por unanimidade o 2 de Abril como Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, para por en relevo a necesidade de axudar a millorar as condicións de vida dos nen@s e adultos que sofren este trastorno.
Máis información nas seguintes ligazóns:
PÁXINA OFICIAL
FUNDACIÓN MENELA
PORDEREITO
(Asociación para a integración das persoas con autismo)

EL VIAJE DE MARÍA
Unha curtametraxe de animación realizado polo debuxante Miguel Gallardo, pai dunha nena con autismo.
               

LIBROS

FÁLAME
Ed.Kalandraka

COLECCIÓN MAKAKIÑOS
Ed.Kalandraka en colaboración  coa Asociación Baión de Tratamento
do Autismo (BATA)