20 abr. 2013

"O CARBALLO CON BOTAS" E ANXO MOURE


ANXO MOURE  

chegou na súa bicicleta,cargado de personaxes e contounos  historias do
 
"CARBALLO CON BOTAS"


Ensinounos a música das árbores que alimentan a nosa imaxinación,a respectar a natureza,os nosos bosques e árbores,a reciclar,... trasmitíndonos a mensaxe de que dentro do vello, da destrución, do lixo... pode xurdir a esperanza, a vida, o futuro.
 
 
 
 
 
Tod@s,grandes e pequeno@s rimos,bailamos,.... e pasámolo moi ben!!!!
 
     
 
E como recordo do seu paso polo noso cole fixémoslle entrega dun agasallo,firmou os libros aos alumn@s e tamén no libro de lembranzas.
 
 
O carballo con botas existe!!Iso é o que fixeron os nenos e nenas de 4 anos,plantaron nun zapato vello varias landras e agora veremos como medra.
 
 
 
MÁIS INFORMACIÓN NA PÁXINA DE CONTOS SOLIDARIOS

E PARA XOGAR ESTE LIM

No hay comentarios:

Publicar un comentario