19 nov 2026

XORNADA DE FORMACIÓN PONTE...NAS ONDAS!

O luns 16 de novembro, asistimos en Santiago a unha xornada de formación dos centros “Modelo Ponte…nas ondas! De Boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial”.

A actividade celebrouse no Salón Nobre do Pazo de Fonseca, un espazo que acolleu unha xornada de encontro, aprendizaxe e intercambio entre os centros que formamos parte deste modelo.

Recibimos o distintivo acreditativo que recoñecen aos centros integrantes desta rede polo seu compromiso coa conservación, difusión e posta en valor do Patrimonio Cultural Inmaterial.

Este recoñecemento pon en valor o traballo que se realiza desde os centros educativos para achegar o patrimonio ás novas xeracións e convertelo nunha fonte de coñecemento, participación e identidade colectiva. 

Ao longo do encontro presentáronse traballos sobre o PCI realizados en diferentes centros educativos. Así como a presentación do libro "O Patrimonio vivo, Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI). Investigación e educación", da Editorial Galaxia.

Tamén tivemos a oportunidade de ver a exposición “Un modelo para o mundo. 30 anos de Ponte…nas Ondas!, que percorre tres décadas dun modelo mundial de innovación educativa e salvagarda patrimonial. A exposición propón un percorrido pola historia e pola evolución deste proxecto a través de paneis interactivos, arquivos sonoros e audiovisuais e testemuñas de voces da cultura e da comunicación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario