O Pasaporte Lector é coma o billete de entrada a un circo de aventuras literarias. Nel, cada neno e nena vai gardando os seus mellores trucos: os traballos que realizan despois de ler cada libro. Un recordo de todas as súas viaxes a través das súas páxinas a mundo incribles.
Nos Pasaportes
Lectores, atopamos unha gran variedade de números circenses literarios:
caligramas, escrita creativa, debuxos, resumos, opinións…
E moitos outros traballos que demostran o talento de cada artista! Sigamos enchendo estes pasaportes con aventuras, sorrisos e moita diversión. Que o espectáculo continúe!
Co obxectivo de motivar e
rexistrar o tempo que dedican a lectura empregamos o lectómetro, un gráfico que
se enche a medida que se len a lista de desafíos de lectura plantexados para
todo o curso.
No noso circo
lector, os nenos e nenas son as estrelas do espectáculo! Co obxectivo de
motivar e rexistrar o tempo que dedican á lectura, utilizan o lectómetro: un
gráfico que se vai enchendo cada vez que len un libro e completan os desafíos
de lectura do curso. Así, entre saltos de palabras e malabares de historias,
van avanzando e celebrando cada logro da súa xira de libros.





No hay comentarios:
Publicar un comentario