O noso centro viviu unha xornada chea de maxia e ilusión coa visita ao Circo de Nadal, instalado no noso barrio, Coia. Foi unha saída moi especial, na que todo o alumnado, desde Infantil ata primaria, puido gozar dun espectáculo cheo de cor, música e emoción.
Este ano o espectáculo levaba por título "Viaxe a Polaris", unha proposta de Nadal chea de maxia e emoción, onde o circo, o teatro visual e a música uníronse para contar unha historia de luz e esperanza. A tarvés de acrobacias, humor e destelos de luz, emprendemos unha viaxe ao corazón do Nadal, descubrindo que, mesmo na noite máis escura, sempre hai unha estrela disposta a brilar.
Un día
máxico onde o espírito do Nadal chegou acompañado de risas,
ilusión e moita emoción.



No hay comentarios:
Publicar un comentario