O pasado luns 17 de novembro, o CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao converteuse na pista dun circo de palabras, acollendo ao Club de Lectura do Seis do Nadal nun encontro inesquecible co mago das letras, o escritor Pere Tobaruela, autor da obra “Formigas. Misión Samaín”.
A dinámica do encontro foi enriquecedora e interactiva. Pere Tobaruela compartiu a súa traxectoria como escritor prolífico, con máis de 70 libros publicados. Revelou que clásicos como “Alicia en el País de las Maravillas” serviron de inspiración para a súa obra. Destacou a importancia de coñecer as nosas tradicións a través da narrativa e da banda deseñada, e a presenza de seres mitolóxicos nas súas historias.
Pere Tobaruela comentounos unha nova aventura
das formigas na que está traballando, desta vez inmersas no mundo da intelixencia artificial. Unha historia que promete acción, misterio e moitas preguntas sobre o futuro que nos
agarda!
O diálogo co
autor, coma un malabarista de ideas, foi un dos momentos máis enriquecedores do
encontro. Os nenos e nenas, aproveitaron para facerlle preguntas sobre a súa
obra, a súa inspiración e o proceso creativo.
Grazas Pere, por compartir a túa maxia connosco e
por inspirar aos nosos nenos e nenas a soñar, a imaxinar e a amar a lectura.



No hay comentarios:
Publicar un comentario