Durante o mes de novembro, a BiblioLab centrou as súa programación na ciencia. As actividades e experimentos tiñan por obxectivo espertar a curiosidade e aprender de forma divertida.
UN MUNDO
AGOCHADO AOS TEUS OLLOS
O mundo que nos rodea é moito máis complexo e fascinante do que podemos ver a simple vista. Cunha ferramenta tan poderosa como o microscopio, ábrense as portas a un universo agochado, cheo de formas, cores e estruturas inimaxinables.
EXPERIMENTO:
AUGA QUE CAMIÑA
Engadimos
unhas gotas de colorantes ós vasos con auga, colocamos tiras de papel absorbente
entre os vasos valeiros e cheos. Observamos como ao cabo de varios minutos
mestúranse as cores formando outras novas!
EXPERIMENTO:LÍQUIDO
NON NEWTONIANO
Mesturamos maicena e auga ata conseguir a
textura máxica. Este tipo de mestura chámase fluído non newtoniano, porque non
se comporta como un líquido normal. Cambia segundo como a toques: con forza
faise sólida, e con suavidade volve ser líquida. É como maxia da ciencia!
ROBÓTICA
Vocabulario
e pensamento computacional co escornabot.
MULLERES
NA CIENCIA
Memory para xogar e
aprender en equipo!
EXPERIMENTANDO
COA SAL E A PEMENTA
Neste sinxelo experimento, exploraremos dous fascinantes conceptos científicos: A tensión superficial da auga e a electricidade estática. Usaremos ingredientes que temos na casa: sal e pementa!
BURBULLAS QUE NON ESTOUPAN E LIBROS SOBRE CIENCIA
Sopramos, facemos pompas e tentamos que rebote empregando luvas.
O HOME
BALA VOADOR: CIENCIA E CIRCO EN ACCIÓN
Aprendemos sobre a forza do aire e a reacción: O
aire sae cara atrás e empurra o globo (co home bala) cara adiante. Isto é acción
e reacción, o mesmo principio que usan os foguetes reais.








No hay comentarios:
Publicar un comentario