Durante o mes de outubro, a BiblioLab centrou as súa programación na celebración do SAMAÍN. As actividades espertaron no alumnado a imaxinación, a creatividade e aprender de forma divertida.
CABAZA DE SAMAÍN
Usando tiras de papel de cor laranxa, cada neno e
nena deu forma á súa propia cabaza, decorándoa ao seu gusto. 
SPEED
CUPS SAMAÍN e FANTASMA BLITZ
A diversión
continuou cos xogos de mesa temáticos. O Speed Cups de samaín puxo a proba a súa rapidez e coordinación, mentres que o Fantasma Blitz, esixiu concentración e memoria para atrapar aos personaxes. Risas e emocións non faltaron!!!
HISTORIAS
DE MEDO
Usando dados con imaxes e unha plantilla para guiar a narración, inventaron contos cheos de personaxes e situacións asustadizas. Cada historia foi única e orixinal!!!
ROBÓTICA
Programaron os robots para seguir o camiño correcto,
demostrando as súas habilidades de pensamento lóxico e resolución de problemas.
CREA O
TEU MONSTRO
Creamos
os nosos monstros únicos coa axuda de “Monster kit”. Combinando diferentes pezas,
cada neno/nena deseñou a súa propia criatura, dándolle un nome e un debuxo. 
A NOITE
DO MEIGALLO
Un xogo no que tiñan que resolver adiviñas e recoller ingredientes para preparar un meigallo. Traballando en equipo, demostraron o seu coñecemento e a súa habilidade para resolver problemas. 
CANTO SABES DOS MONSTROS? 
Usando un libro de información, contestaron preguntas sobre diferentes criaturas.
EXPERIMENTO: A PANTASMA
Con este divertido experimento fixemos aparecer unha pantasma. Para elo seguimos as instrucións e empregamos os materiais necesarios para realizalo. Deixou a todos e todas abraiados!!!








No hay comentarios:
Publicar un comentario