Neste mes de abril nos
obradoiros de robótica o alumnado de 4º de Primaria desfrutou do conto PUM PUM,
un libro cheo de valores como a amizade ou as consecuencias dos enfados.
Despois da súa lectura, o alumnado debía facer fronte a un desafío: crear un corazón para Pong, o protagonista desta historia, un robot sen corazón.
Así que durante a sesión e con axuda do programa MakeCode for Micro:Bit, a rapazada programou un corazón que latexaba e incluso no que saía a imaxe da súa mellor amiga, Camila.
Sen dúbida, foi unha actividade que desfrutaron moito, na que a lectura e a programación se combinaron como ferramentas motivadoras para fomentar a creatividade, o pensamento computacional e os valores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario