Fomentar o coñecemento das nosas tradicións é fundamental para garantir a súa supervivencia; por iso, neste mes de decembro o alumnado de 5º de primaria participou nun obradorio de Scratch para achegarse a figura do Apalpador.
Neste obradoiro de programación que se realizou en galego para fomentar o uso do noso idioma no eido das ciencias, o alumnado tivo que programar unha postal de Nadal na que o protagonista foi o Apalpador, que este ano vén cargadiño de castañas.
A continuación podedes desfrutar dun exemplo desas postais e quizáis vos animedes a personalizala para enviarlla a amigos e familiares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario