Neste mes de decembro tivemos novas sesións de “Cine na Biblio”. De 3º a 6º de Primaria foron o venres 13, na hora do recreo, a ver Tabby McTat, unha adaptación do conto de Julia Donaldson e Axel Scheffler, sobre un gato que perde ao seu dono antes do Nadal.
As máis pequenas e
pequenos do cole, o luns 16, puideron divertirse cunha das historias do “Raposo Grande e Malo”. O filme é unha adaptación das obras de banda deseñada de Renner. Dentro deste
filme proxectamos o conto “Hai que salvar o Nadal”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario